NON SABES QUE REGALAR? REGALA BOIRO!

A CAMPAÑA QUE PON EN MARCHA A ABE PARA PROMOCIONAR AS VENDAS DOS SEUS BONOS REGALO

 

  • O obxectivo é que tanto os veciños como as empresas os utilicen para agasallar aos seus seres queridos ou traballadores neste nadal.
  • Os bonos son unha caixa que inclúe vales de compra de 5€ e un listado de mais de 200 socios da ABE onde se poden gastar.
  • Cando se recibe o regalo solo hai que utilizar os vales como se foran billetes.
  • Poden mercarse nas oficinas da ABE facendo a reserva por teléfono, mail, web ou de maneira presencial.
  • Os bonos non teñen caducidade e o seu uso repercute no pobo.

 

Boiro 29 de novembro de 2023

 

Non sabes que regalar? Regala Boiro! Este é o lema da campaña de promoción dos bonos regalo ABE para este nadal. O obxectivo é que tanto os veciños como as empresas utilicen os bonos da ABE para agasallar aos seus seres queridos ou no caso das empresas utilizalos como aguinaldo de nadal para os traballadores e clientes.

Os bonos son unha caixa personalizada que inclúe vales de compra de 5€ e un listado de mais de 200 socios da ABE onde se poden gastar.

Podes elixir de que cantidade mercas o teu bono, sempre en múltiplos de 5 €

Cando se recibe o regalo solo hai que utilizar os vales como se foran billetes en calquera dos mais de 200 negocios asociados.

Hai unha enorme variedade de negocios, dende textil, calzado, deportes e regalo a alimentación, praza de abastos, hostalería e gasolineira ou mesmo servizos coma masaxes, dentista ou fotografía.

Poden mercarse nas oficinas da ABE facendo a reserva por teléfono, mail, web ou de maneira presencial.

Os bonos non teñen caducidade e o seu uso repercute no pobo.

Na web da ABE hai unha sección específica con información detallada e un formulario para realizar a compra.

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar